descargate o noso triptico informativo en pdf
descargar aquí ficha alta afiliación nómina-banco y enviar a nuestro correo, se.galiza@sindicatoelevacion.org

Un sindicato de sector e de clase.

O sindicato da elevación é a alternativa actual e de futuro para todos os traballadores/as das empresas de ascensores.

O S.E foi creado en novembro de 2008. O S.E é un sindicato libre e independente das institucións, financiámonos das cotas dos nosos afiliados/as. Ademais constituímonos como así o din os nosos estatutos nun sindicato asembleario, participativo, unitario, democrático, plural, comprometido e socio político. Pero sobre todo de clase, defendendo en todo momento os intereses dos traballadores/as e a reivindicación de constantes melloras nas condicións de traballo.

Defendemos os intereses profesionais, laborais e sociais dos traballadores e traballadoras en todos os ámbitos do sector da Elevación e orienta a súa actividade, entre outras, cara a:

A defensa do dereito de todos os traballadores/as do sector a un emprego estable. A plena protección social dos traballadores/as. A equiparación social e laboral de todos os traballadores e traballadoras do sector da Elevación.

A consecución das mellores condicións de emprego e traballo do colectivo no sector da Elevación.

Evitar a competencia laboral entre os traballadores e traballadoras das distintas empresas do ámbito do sector, salvagardando e estendendo as mellores condicións de traballo, económicas, laborais, de seguridade e sociais a todos os traballadores e traballadoras.

A defensa mediante a presión, negociación e a mobilización dos intereses da clase traballadora e a mellora da súa condición económica, socio laboral, de seguridade e saúde, profesional e cultural, fomentando a solidariedade cos traballadores e traballadoras de todos os sectores da sociedade.

Traballar activamente na defensa dos valores democráticos nas empresas do sector e a sociedade en xeral, así como no desenvolvemento da liberdade sindical.

Establecer as relacións solidarias con todos os sindicatos de clase democráticos do ámbito do sector da Elevación en todo o mundo, en especial os da Unión Europea, cos que se compartirá a loita contra a desregulación e desigualdades entre os traballadores /as do sector.
É o proxecto de futuro para todas e todos os traballadores onde xuntos podemos participar e traballar. Os representantes dos traballadores que compoñemos o S.E, mantemos o grao de compromiso e a experiencia de moitos anos de loita que nos avalan para seguir tendo a confianza dos traballadores. Por iso é moi importante a participación e o apoio de todos vos para desenvolver todo o noso labor.

Dende o respecto aos demais sindicatos, sempre imos estar ombro con ombro con aqueles que defendan os intereses e melloras dos traballadores e traballadoras, creemos que é a mellor resposta de unidade e integración que se pode realizar. Porque todos somos necesarios para facer un sindicato de traballadores para os traballadores.
Defende o teu e afilíate.

 Un sector forte e ben organizado garante mellores condicións de traballo

teléfonos: 639 61 35 16 | 91 56789 71 | fax: 91 343 55 85

¡LEMBRA: NON ESTÁS SÓ! DEFENDENDO OS TEUS DEREITOS CHÁMANOS E AFÍLIATE

 

¿QUEN PODE AFILIARSE E CONSTITUÍR EN SINDICATO DA ELEVACION NA EMPRESA?
De acordo cos estatutos e rexistros legais todos os traballadores e traballadoras de empresas de ámbito relacionado co sector dos ascensores, técnicos de mantemento, montadores de ascensores, técnicos de escaleiras e montadores, técnicos, de empresas de portas automáticas e de garaxes, operarios e traballadores de empresas auxiliares, fábricas, operarios de talleres auxiliares, almacéns, empresas de enxeñarías e desenvolvemento, todos os persoais administrativos e comerciais, etc...
Todas as empresas multinacionais asentadas no territorio nacional, medianas e pequenas empresas, empresas de servizos, empresas de escaleiras, conservación e montaxe, empresas de portas peonís e de garaxes, etc...
¿COMO PODO PRESENTARME DE DELEGADO/A E ORGANIZARNOS NA EMPRESA?

Chámanos para vernos e facer reunións cos traballadores para presentar as candidaturas e celebrar eleccións sindicais no teu centro. Nós encargámonos de apoiarvos en todo o necesario.

Para defender ben os nosos dereitos hai que organizarse
CONSULTAS XURIDICO LABORAIS PARA AFILIADOS/ÁS
O sindicato dispón de servizos gratuítos, concertados con diversos gabinetes de ámbito estatal para todos os afiliados/ás. Cota mensual de 10,15 €. Consultas vía correo electrónico, escríbenos a:

se@sindicatoelevacion.org
saludlaboral.se@sindicatoelevacion.org
É imprescindible que apareza na túa consulta os seguintes datos:

Nome e apelidos, correo electrónico, EMPRESA, centro de traballo, teléfono de contacto e debes comunicarnos se non es afiliado/a.

Se es afiliado/a responderémoste a través de asesores, recibindo resposta a túa consulta o antes posible. Todas as consultas serán tratadas de forma confidencial.

Vía teléfono >91 56789 71. Podes contactar connosco a través deste número, para realizar a consulta oportuna. Chámanos e pasaremos a verte.